O Museo Municipal de Ribeira acolle a mostra anual de artesanía das Amas de Casa

14 Agosto 2025

O Museo Municipal de Ribeira abriu as súas portas á nova exposición de artesanía que recolle os traballos realizados polas alumnas dos cursos impartidos ao longo de todo o ano pola asociación Amas de Casa de Ribeira.

Amas de Casa

A presidenta da entidade, Puri Cores, explicou que se trata dunha “mostra sobre a cultura que crean as nosas socias”, poñendo en valor tanto o talento das participantes como o labor do profesorado. Cores aproveitou para solicitar ao Concello un local máis amplo onde poder exhibir as manualidades, cadros e esculturas que elaboran as socias, así como máis vitrinas para o propio Museo Municipal.

O alcalde, Luís Pérez Barral, recolleu a proposta e adiantou que se dotará á sala con algún espazo adicional. O rexedor salientou o papel das Amas de Casa, destacando que “descentralizan a actividade, levándoa ás parroquias e dinamizando a vida destas localidades”.

Pérez Barral engadiu que a entidade presta un servizo esencial, especialmente para as persoas maiores, ofrecéndolles oportunidades de aproveitar o seu tempo de ocio, reunirse e compartir experiencias.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.