O Goberno municipal de Padrón denega ao BNG o uso de espazos públicos para actividades culturais e de memoria histórica

07 Agosto 2025

O grupo municipal do BNG de Padrón denunciou que o Goberno local, encabezado polo socialista Anxo Arca, lle impediu finalmente a utilización dun espazo municipal para a realización dunha actividade xuvenil de formación, convivencia, cultura e memoria histórica, prevista para esta fin de semana.

Segundo sinala o BNG, a solicitude formal foi presentada o pasado 4 de xullo, pedindo o uso dun pavillón municipal para acoller a militancia moza procedente de diferentes puntos de Galicia que participaría nas xornadas. A petición, aseguran, foi inicialmente aceptada de forma verbal o 7 de xullo pola asesora do alcalde, seguindo os protocolos habituais de anteriores edicións.

Porén, un mes despois e a só catro días do evento, o BNG recibiu unha notificación oficial de denegación por parte do Concello. A administración local xustificou a negativa cunha interpretación da ordenanza municipal que, segundo o BNG, é “falaz”, alegando que non se cumprían os requisitos establecidos para a cesión de espazos, algo que o grupo nacionalista desmente, asegurando que a solicitude estaba debidamente xustificada e tramitada.

Ademais, o BNG denuncia que un concelleiro do Goberno local se puxo en contacto telefonicamente para ofrecer o uso do espazo de maneira informal, sen oficialidade nin garantías legais, propoñendo a entrega directa das chaves fóra de calquera protocolo administrativo. “Un xeito de actuar que vulnera principios básicos de seguridade e transparencia democrática”, critican.

A concelleira do BNG, Beatriz Rei, lamentou esta decisión e acusou ao alcalde Anxo Arca de utilizar o poder institucional con fins partidistas. “Esta maneira de facer política dinamita a democracia e a convivencia en Padrón”, afirmou, asegurando que se trata dun novo episodio de bloqueo a iniciativas culturais que non están promovidas por empresas ou entidades afíns ao executivo local.

O Goberno municipal de Padrón non se ten pronunciado publicamente, polo momento, sobre esta denuncia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.