O empresariado de Portosín celebra esta fin de semana a súa feira “outlet” de verán

22 Agosto 2025

A AEP, Asociación de Empresarios de Portosín, celebra esta fin de semana unha nova edición da súa feira estival de oportunidades e descontos do comercio local, a Outlet Portosín en clave de verán (Outlet Summertime). Desenvolverase o sábado 23 e máis o domingo 24 e estará integrada por tendas expostas en carpa grandes descontos, deliciosas degustacións gastronómicas e actividades para toda a veciñanza e de todas as idades.

Organiza a AEP en colaboración coa Deputación da Coruña e o Concello de Porto do Son.

Respecto da axenda de iniciativas previstas, o sábado organizarase (a partir das 19.30 horas) un obradoiro de decoración de bolsas, chapas e chaveiros. O domingo haberá actividades para a rapazada partir do mediodía, ás 12.00 horas, con inchábeis de auga no parque infantil. Máis tarde, ás 13.30 horas, dará comezo unha exaltación-degustación de porco ao espeto.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.