O Concello de Muros pon en marcha o servizo de Madrugadores para o vindeiro curso

04 Agosto 2025

O Concello de Muros comunicou a posta en marcha, para o vindeiro curso, do Servizo Municipal de Madrugados (2025-2026). Trátase dun programa de conciliación familiar e laboral que estará dispoñíbel durante o curso escolar para as comunidades do CEIP Plurilingüe de Louro, CEIP Ramón de Artaza y Malvárez e CEIP Plurilingüe Ricardo Tobío. Madrugadores é un servizo gratuíto xestionado polo Concello de Muros. O prazo de solicitude de prazas estará aberto entre o 1 e o 22 de agosto.

A alcaldesa, María Lago, lembrou que “é un servizo en moitos casos indispensábel para que unha familia poida continuar vivindo en Muros” e que “este tipo de políticas son as que realmente melloran a vida da veciñanza”, engade.

“Comezamos un novo curso con este servizo municipal, dando resposta a unha demanda das anpas e dos centros educativos”, asegurou pola súa parte Laura Rivadeneira, concelleira de Ensino.

Maruxa Martínez, concelleira de Igualdade, amosou a súa satisfacción “por este tipo de medidas, que cobren necesidades reais das familias”.

Madrugadores estará activo para un mínimo 5 alumnos/as por centro educativo e máximo 30 alumnos/as por centro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

“Xuíces e autos xudiciais” – José Manuel Pena

Hai bos xuíces, profesionais e valentes que cumpren coas súas obrigas. Un deles, sen dúbida, é Borja Pérez, titular do Xulgado Número 2 de Ribeira. Dita un auto xudicial polo cal suspende o lanzamento dunha familia vulnerable de Ribeira, en aplicación do novo RDL...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.