O Concello de Boiro saca a licitación a mellora da infraestrutura viaria no Parque Empresarial de Espiñeira

28 Agosto 2025

O Concello de Boiro sacou a licitación o proxecto de mellora da infraestrutura viaria no Parque Empresarial de Espiñeira. O presuposto base de licitación ascende aos 137.031,97 euros e as empresas interesadas poden presentar as súas ofertas mediante a Plataforma de Contratos do Sector Público.

Segundo informou o Concello, o proxecto que se vai levar a cabo contempla dar continuidade ás actuación de mellora que se veñen realizando nos últimos anos, de xeito que se vai realizar o asfaltado dun camiño de acceso dende o polígono a unha parcela municipal e outro que dá acceso a unha pista forestal. Amais, asfaltaranse dous estacionamentos públicos e pintarase o firme da vía na Fase II. Tamén se procederá a acondicionar un novo aparcadoiro público.

O Concello lembra que o Parque Empresarial de Espiñeira comezou a súa andaina no ano 1998 e na actualidade conta cunha superficie de máis de 300.000 metros cadrados con preto do 90% das súas parcelas ocupadas. “Como consecuencia do tempo transcorrido dende a súa execución e o alto nivel de ocupación, as infraestruturas viarias presentan diversas necesidades e melloras”, sinalan fontes do Consistorio.

Esta actuación conta co financiamento da Consellaría de Economía e Industria, mediante as axudas encamiñadas á habilitación e mellora de infraestruturas dos parques empresariais da Comunidade Autónoma de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.