O Concello de Boiro saca a licitación a instalación fotovoltaica na EDAR municipal

28 Agosto 2025

O Concello de Boiro saca a licitación o proxecto para instalación fotovoltaica de autoconsumo con inxección cero na EDAR municipal. O importe da actuación ascende aos 88.916,55 euros e as empresas interesadas poden presentar as súas ofertas mediante a Plataforma de Contratación do Sector Público.

A edificación na que se vai instalar é a Estación Depuradora de Augas Residuais, situada no lugar de Cabo de Cruz, e que na actualidade conta con diversos problemas de filtracións de auga e humidades. O proxecto contempla a intervención na cuberta e fachada para corrixir as filtracións e humidades.

O proxecto ten como obxecto a realización dun sistema de xeración de enerxía eléctrica mediante enerxía solar fotovoltaica conectada á rede interior do centro. Trátase dunha instalación fotovoltaica de autoconsumo composta por 84 módulos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.