O Concello de Boiro impulsa a BTT Bealo Party cunha xornada deportiva chea de actividades

20 Agosto 2025

O Concello de Boiro, en colaboración co CD Galicia Bealo, organiza este domingo 24 de agosto unha nova edición da BTT Bealo Party, unha das probas deportivas con máis participación no municipio.

A carreira contará con dous percorridos de bicicleta de montaña: un de 47 quilómetros, cun nivel de dificultade media-alta, e outro de 34 quilómetros, de dificultade media. Os trazados discorrerán por espazos naturais do termo municipal e incluirán tramos do Camiño A Orixe.

Durante a presentación, o concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, estivo acompañado polos organizadores David Rodríguez e José María Lamas. Rodríguez destacou que a proba busca “fomentar o deporte e apoiar ao Galicia Bealo”.

A cita deportiva non se limitará á BTT, xa que ao longo da xornada tamén se disputarán dúas competicións máis:

  • Ás 17.00 horas celebrarase a I edición do Trofeo San Ramón de Fútbol Gaélico, que enfrontará ao Galicia Bealo Lorchos contra o Lume de Beltane.
  • Ás 19.00 horas terá lugar o tradicional XLV Trofeo San Ramón de Fútbol, co encontro entre o CD Galicia Bealo e o SD Cures.

O concelleiro de Deportes animou á veciñanza a participar nesta “xornada deportiva organizada polo CD Galicia Bealo, cunha BTT que é xa referente, un deporte emerxente como o fútbol gaélico e o clásico trofeo San Ramón”.

A BTT Bealo Party conta xa con máis dun cento de persoas inscritas, pero o prazo segue aberto ata as 24.00 horas deste mércores, a través da páxina cronotec.es.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.