O Concello de Boiro convoca unha liña de axudas destinadas a cubrir as necesidades de emerxencia e programas sociais

26 Agosto 2025

O Concello de Boiro convocou unha liña de axudas destinadas a gastos sociais extraordinarios que se financian mediante o POS+ de gastos sociais extraordinarios da Deputación da Coruña. O importe total destes apoios é de 22.168,46 euros e a presentación de solicitudes pode tramitarse ata o 15 de novembro de 2025.

Segundo explica o Concello, esta liña de axudas está destinada a persoas integradas nunha unidade de convivencia con recursos insuficientes para facer fronte a gastos específicos co obxectivo de prever ou evitar situación de exclusión social.

As axudas están divididas en dúas liñas.

A primeira das liñas será a de cobertura de necesidades básicas como vivenda e gastos para o seu mantemento, alimentación, educación, gastos médicos e farmacéuticos ou transporte dotada de 10.000 euros para casos nos que exista un déficit grave de recursos económicos que non asegure a cobertura destas necesidades básicas.

A segunda liña, dotada con 12.168,46 euros, está destinada á creación ou ampliación dos servizos para o respiro e conciliación familiar unidades de convivencia que carezan de medios económicos para asegurar a cobertura destas necesidades.

O modelo de solicitude está dispoñíbel no Departamento de Servizos Sociais do Concello de Boiro e deberá presentarse no rexistro xeral xunto coa documentación necesaria para xustificar o cumprimento dos requisitos establecidos, que será avaliado polo equipo técnico dos Servizos Sociais municipais.

Esta liña de axudas convócase mediante o POS+ de gastos sociais extraordinarios da Deputación da Coruña mediante a que o Concello de Boiro recibe 111.381,43 euros que se destinan á adquisición de equipamentos sociais para préstamo tales como axudas técnicas; equipamento para a vivenda social…

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.