O Concello da Pobra pon a punto tres camiños tras a “escoita activa” das solicitudes veciñais

12 Agosto 2025

Froito da escoita activa á veciñanza, o Concello da Pobra vén de concluír o arranxo de tres camiños situados nas parroquias de Caramiñal, O Xobre e Lesón. En todos os casos, as actuacións realizáronse, directamente, a partir das demandas das persoas residentes nestas zonas, e supuxeron a mellora e acondicionamento do estado destas vías municipais.

O alcalde, José Carlos Vidal, e a concelleira de Obras, Patricia Lojo, visitaron este martes 12 de agosto os tres lugares para comprobar o resultado dos traballos, concluídos recentemente. Tanto o rexedor como a edil responsábel da área de Obras inciden na importancia destas intervencións que “malia ser obras menores, son o resultado do contacto directo e da escoita activa á cidadanía”.

En concreto, os camiños sobre os que se actuou foron os do lugar de Figueira (Caramiñal), o de Xunqueiras (O Xobre) e un de Roupión (na parroquia de Lesón). Trátase de vías que se atopaban en mal estado de conservación e que presentaban deficiencias como fochancas e afundimentos ou problemas en canto á drenaxe da auga. As actuacións do Concello permitiron subsanar esas problemáticas reforzando, ademais, a seguridade viaria.

A previsión, tal e como avanzaron o rexedor e a concelleira, é “continuar con esta liña de traballo, executando labores similares noutros puntos do termo municipal, actuando naqueles camiños en peor estado de conservación “.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

Antes de conocer el mundo, lo leímos. Antes de caminarlo, ya habíamos recorrido sus sendas, descifrando la urdimbre, esa palabra hermosa que nace del latín ordiri para tramar o tejer nuestra propia existencia. Fuimos porque otros soñaron antes. Navegamos con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.