O BNG de Carnota di que a situación no servizo local de pediatría e en Muros é “caótica”

12 Agosto 2025

O BNG de Carnota vén de compartir un comunicado no que cualifica de “caótica” a situación que está a vivir o servizo de pediatría, e non só na localidade senón tamén en Muros, onde, segundo informan, “aténdese para toda a comarca unicamente 3 días á semana (luns, mércores e venres) ata ás 12 da mañá”. A formación nacionalista sinalou que “existe unha situación de desinformación que provoca que haxa usuarios da localidade que acudan cos seus fillos ou fillas a Muros, e que alí sexan derivados outra vez a Carnota; e no caso de urxencia, as crianzas de ata 3 anos teñen que desprazarse a Mazaricos ou Noia”, indicou o BNG, que lembrou que “Carnota non dispón de especialista pediátrico desde hai moitos meses, polo que as familias teñen que desprazarse ata Muros, onde agora o servizo está aínda máis abandonado polo SERGAS”.

Primitivo Pedrosa, dirixente dos nacionalistas no municipio, afirmou que “exiximos á Xunta de Galiza o restablecemento urxente e inmediato do servizo de pediatría no concello”.

Pedrosa insistiu en que “a situación vai de mal en peor e os responsábeis do Goberno galego non poden seguir mirando para outro lado mentres as familias están a sufrir o desleixo do SERGAS coa atención sanitaria”.Desde o BNG indicaron que recoñecen aos profesionais do Centro de Saúde de Carnota “a súa dedicación e compromiso xa que, ademais do seu servizo habitual, teñen que facerse cargo da atención a crianzas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.