O alcalde da Pobra solicita apoio á Xunta para levar a cabo o proxecto de investigación e divulgación do castro da Croa de Posmarcos

20 Agosto 2025

O alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal, mantivo un encontro co director xeral de Patrimonio Cultural, Ángel Miramontes, e o director do Servizo de Arqueoloxía da Xunta de Galicia, Roberto Pena, co obxectivo de explorar posíbeis vías de colaboración en materia de conservación, protección e posta en valor do patrimonio do municipio.

Durante a reunión, o rexedor trasladoulles “a importancia do legado patrimonial co que conta o concello” e presentoulles o proxecto para a investigación arqueolóxica e divulgación do castro da Croa de Posmarcos, “un dos xacementos máis singulares da comarca”, dixo.

Lembrou que o castro, localizado na parroquia de Santo Isidoro de Posmarcos, foi adquirido polo Concello en 2024 co obxectivo de garantir a súa conservación e promover novas investigacións. O enclave constitúe un exemplo singular de castro do interior, diferente aos habituais castros costeiros do Barbanza. Segundo recolle o propio proxecto, trátase dun castro cunha localización estratéxica, ben conservado e con gran potencial para mellorar o coñecemento da Idade de Ferro en Galicia.

O rexedor solicitou apoio ao organismo autonómico para, así, establecer un plan de actuación que permita: a prospección xeofísica da croa, a escavación arqueolóxica nas estruturas documentadas, o rexistro fotográfico e planimétrico, o estudo e tratamento dos materiais arqueolóxicos recuperados e o depósito no museo correspondente, a elaboración dunha memoria técnica da actuación e a organización de visitas guiadas ao xacemento.

O primeiro edil cualificou a xuntanza como “moi positiva” e destacou que se trata “dun proxecto de interese para toda a nosa veciñanza, xa que permitirá poñer en valor un dos grandes tesouros patrimoniais do noso municipio. Agardamos contar co apoio da Xunta para poder facelo realidade”.

Outros artigos

Medio Rural dá por extinguido o incendio de Ribasieira

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou extinguido ás 19,11 horas de hoxe, xoves 24 de setembro. Como lembraremos, o lume iniciouse ás 14,42 horas do pasado luns e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.