Noia presenta a programación definitiva das Festas de San Bartolomeu 2025

20 Agosto 2025

O novo concelleiro de Festexos de Noia, Manolo Seijas, vén de anunciar a programación definitiva das Festas de San Bartolomeu 2025, que se celebrarán do 22 ao 26 de agosto. O calendario supón unha ampliación respecto ás propostas avanzadas en semanas anteriores e introduce cambios de localización nalgunhas das actividades máis destacadas.

ite do martes 26, cando o espectáculo de fogos artificiais e a actuación cómico-musical de Noite de Berros porán o broche de ouro a esta edición.

Entre as novidades salientables está a aposta polos artistas locais, con actuacións como a do grupo noiés As Lens, previsto para o luns 25 ás 22:00 horas na Praza do Tapal, ou a participación do grupo de Cantos de Taberna “Troula na Barquiña”, que animará o martes 26 pola mañá as rúas do casco histórico.

Outro dos cambios máis importantes afecta á actuación dos muradáns The Rapants e 9Louro, que por motivos de seguridade se trasladará ao patio do IES Campo de San Alberto. A cita, programada para o domingo 24 ás 22:00 horas, converterase nun dos pratos fortes desta edición. A entrada será de balde, con apertura de portas ás 20:30 horas e acceso libre ata completar aforo.

“Entendemos que era fundamental incluír aos nosos artistas locais dentro da programación dunhas festas tan importantes e con tanto significado para Noia”, sinalou o concelleiro Manolo Seijas, quen tamén destacou que “sabemos que a carga de traballo destas dúas semanas para pechar o programa pagará a pena. Confiamos en que serán un éxito”.

As festas darán comezo o venres 22 cun amplo programa de actividades musicais, culturais e deportivas, e prolongaranse ata a no

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Fronteiras”. Xulio Xiz

“Fronteiras”. Xulio Xiz

Axiña fará catro anos que físicamente nos deixou Darío Xohán Cabana, pero segue entre nós coa obra que nos deixou, especialmente aos chairegos, marcados para sempre.Pensei en Darío estes días cando a invasión de Ceuta por milleiros de marroquís, nova marcha verde,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.