Mulleres Salgadas renova a súa xunta directiva

19 Agosto 2025

Mulleres Salgadas, asociación feminista de mulleres do mar de Galicia, anunciou a renovación da súa xunta directiva elixida na asemblea xeral celebrada onte (18 de agosto) en Vilagarcía de Arousa. A nova presidencia será ocupada por María Vales Martínez, quen asume o cargo co obxectivo de continuar e impulsar o labor da organización.

María Vales Martínez, socia da asociación desde os seus inicios, conta cunha ampla experiencia no sector e foi durante oito anos patroa maior da Confraría de Vilanova de Arousa. O seu liderado centrarase na promoción da igualdade, a paridade nos órganos de representación e o apoio ás mulleres do mar.

A nova presidenta sucede a Dolores Gómez Ordóñez, quen estivo á fronte da asociación durante o últimos seis anos. Baixo a dirección de Gómez Ordóñez, Mulleres Salgadas experimentou “un gran crecemento, consolidándose como unha voz fundamental para as mulleres do sector”, informou a entidade, engadindo que Dolores Gómez Ordóñez seguirá formando parte da xunta directiva, sucedendo a Sandra Amezaga Menéndez no rol de secretaria.

A nova xunta directiva tamén incorpora a Marinha Guizán Cascón, Inmaculada Rodríguez Rial e Maria Dolores Dieste Triñanes como vogais, achegando novas perspectivas e enerxías ao equipo.

Pola súa banda, Celia Herbón Dieste continúa como vicepresidenta, Susana Silva Alonso no seu posto de tesoureira e Concepción Ramallo Sampedro mantén o seu cargo como vogal.

A nova xunta directiva, con María Vales á cabeza, reafirma o compromiso de Mulleres Salgadas coa súa misión e obxectivos, nunha liña continuista, fortalecendo o papel das mulleres nun sector de vital importancia para a economía de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

“Errar es de humanos” – José Antonio Constenla

Decía Séneca que “errar es humano” y por tanto, si esto fuese así, uno podría concluir que “no errar será de no humanos”. Dos mil años después, esta premisa necesita una actualización y no porque haya dejado de ser cierta, sino porque ya empieza a haber quien, con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.