Mércores 20, nubes e claros con risco de chuvascos no interior

19 Agosto 2025

Mércores,20 o tempo estará marcado pola circulación do noroeste, que traerá unha masa de aire húmida a Galicia. Agárdase unha xornada de ceos maioritariamente nubrados, con máis abundancia de nubes canto máis ao norte da comunidade, onde tamén serán máis probables os chuvascos febles, especialmente na metade norte e no interior.

Rías Baixas: Agárdanse ceos parcialmente nubrados, con máis claros pola tarde. Non se descartan chuvascos febles e ocasionais, sobre todo en zonas do interior. As temperaturas manteranse suaves, con máximas arredor dos 24-26 graos. O vento soprará frouxo do noroeste, con intervalos moderados na costa.

Santiago de Compostela: Xornada marcada polas nubes, con posibilidade de chuvascos febles intermitentes, sobre todo pola mañá. As temperaturas quedarán estables, con máximas duns 22 graos. O vento será frouxo do norte.

meteogalicia

O noso mar; Vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 3 á mañá e 4 a 5 á tarde e á noite. Mar ovellado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade regular á mañá e boa á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 1 metros á mañá e 0.5 a 1.5 metros á tarde e á noite.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.