Luz verde ambiental para un matadoiro e industria cárnica en Dodro

18 Agosto 2025

A Xunta de Galicia vén de dar o visto e prace ambiental ao proxecto para a implantación dun matadoiro, sala de despezamento e industria cárnica na parroquia de San Xoán de Laíño, no concello coruñés de Dodro. A autorización está condicionada ao cumprimento das medidas establecidas nos distintos informes emitidos durante a tramitación.

O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica este luns a resolución do informe de impacto ambiental (IIA), no que a Consellería de Medio Ambiente e Cambio Climático conclúe que non se prevén efectos adversos significativos sempre que se respecten os condicionantes fixados e se desenvolva un programa de vixilancia ambiental específico.

O estudo foi realizado a través do procedemento simplificado de avaliación ambiental, que incluíu unha fase de participación pública sen que se rexistrasen alegacións, así como consultas a dez organismos sectoriais. As achegas destes organismos deron lugar a esixencias en ámbitos como a protección da atmosfera e control acústico, a calidade das augas, a xestión de residuos, a integración paisaxística ou a protección da fauna e da vexetación.

O proxecto, promovido por Matadero del Sar, SL, prevé instalarse nunha parcela de 6.125 metros cadrados con edificacións existentes de case 6.000 metros cadrados distribuídos en varias plantas, que contarán ademais cunha nova estación depuradora de augas residuais (EDAR). O plan inclúe o procesamento de carne de vacún e porcino, así como a produción de embutidos frescos e afumados, salgaduras, produtos cárnicos e graxas, cunha capacidade anual estimada de 11.000 toneladas.

A resolución ambiental non exime ao promotor de obter o resto de autorizacións e permisos necesarios. A partir de agora, a Dirección Xeral de Gandaría, Agricultura e Industrias Agroalimentarias, dependente da Consellería do Medio Rural, asume de novo o expediente e decidirá en última instancia sobre a súa autorización definitiva, ademais de velar polo cumprimento das obrigas ambientais establecidas.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.