Luis Oujo, novo presidente da Asociación Rural de Desenvolvemento Ría da Estrela

18 Agosto 2025

O cambio de alcaldía en Noia motivou este martes a celebración dunha xuntanza na casa consistorial para elixir o novo presidente da Asociación Rural de Desenvolvemento (ARD) Ría da Estrela. O cargo, que ata agora ocupaba Santiago Freire, pasa a mans do alcalde de Porto do Son, Luis Oujo Pouso, nunha candidatura única e de consenso apoiada polos cinco concellos integrantes e polos tres partidos con representación (PP, PSOE e BNG).

Deste xeito, Oujo sucede a Freire tamén nesta entidade, do mesmo modo que fixo recentemente na presidencia da Asociación de Concellos do Camiño da Ría Muros-Noia. Mantense así a tradición, vixente desde 2018, de que unha mesma persoa dirixa ambas as dúas organizacións para favorecer a coordinación e a creación de sinerxías.

No seu primeiro discurso como presidente, Luis Oujo agradeceu o apoio da xunta directiva e comprometeuse a dar continuidade á liña de traballo iniciada con Teresa Villaverde e mantida por Santiago Freire. “Obxectivos como o crecemento do xeodestino, centrados na esencia da Ría da Estrela, seguirán sendo prioritarios e compartidos por todos”, subliñou.

A renovación da directiva supón tamén a incorporación do alcalde de Noia, Francisco Pérez Caamaño, como tesoureiro, cargo que deixou vacante Oujo. Pérez Caamaño destacou “a necesidade de consenso e de colaboración absoluta entre concellos e alcaldes en aras dos intereses da Ría da Estrela e do Camiño da Ría Muros-Noia”.

A nova xunta directiva queda conformada por:

  • María Lago Lestón, alcaldesa de Muros, vicepresidenta.
  • Francisco Pérez Caamaño, alcalde de Noia, tesoureiro.
  • Francisco Calo Abelleira, alcalde de Outes, secretario.
  • Teresa Villaverde Pais, vogal.

Durante a reunión, Oujo propuxo celebrar todas as reunións da ARD e da Asociación de Concellos do Camiño na Casa Consistorial de Noia, por razóns de centralidade xeográfica. A proposta foi aceptada polo alcalde noiés e respaldada polo resto de membros da directiva.

Outros artigos

Falece un home tras ser atropelado en Cee

Un home faleceu esta mañá tras ser atropelado na VG-1.4, ao seu paso pola parroquia de Toba, en Cee. O accidente produciuse no quilómetro aproximado 4 da vía. Un particular contactou co 112 Galicia ás 07:45 horas para informar do atropelo. Segundo indicaba, a vítima...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.