“Limpar o monte é aforrar investimentos e asegurar o futuro: e a Xunta sábeo”. Antón Luaces

15 Agosto 2025

Hai unha memoria que pervive, por máis que os galegos tentemos esquecer esa sabedoría que ven do propio pobo, aquel que ata vai 60 anos, untaba o eixo do carro de bois ou vacas anunciando o seu paso polos camiños seculares empregados para acceder aos montes nos que pacía libremente o gando vacún e o cabalar que deron paso ao que agora son festas populares con  participacipación nas mesmas de centos -cando non milleiros- de persoas que viven con intensidade a captura a desparasitación e marca dese gando que, posteriormente, irá parar ás mellores feiras. 

Os curros ou rapa das bestas coma o declarado Ben de Interese Cultural de Galicia de Sabucedo, Mondoñedo, A  Cañiza, Cerdedo-Cotobade ou Gondomar, Moraña e Oia, o do Barbanza, A Capelada, Morgadáns, Vimianzo ou os de Friol, O Valadouro e Viveiro, así como os de Avión ou o de Manzaneda falan por sí sós dun traballo arreo que acometen anualmente os “aloitadores” e os propietarios dese gando.

Son, os curros, construcións típicas nas que se realizan antigas festas de orixe cabalar nas que se reunen cabalos salvaxes para xuntalos e lles curtar as crinas,  curalos e marcalos e devolverlles posteriormente a liberdade camiño ben da feira ou de novos pastos nos que engordar e criar e que os propietarios deles se fagan cun puñado de euros após unha cría en extensivo que ten sona a toda a comunidade galega.

Onde hai gando que pastorea libremente nos montes galegos é seguro que non se producen incendios forestais. O mesmo acontece cos gardas forestais, que con contratos de catro meses de duración non poden asumir os traballos de limpeza que garantan a seguranza que da a limpeza dos montes, abandonados estos durante un mínimo de seis ou sete meses cada ano.

Outros artigos

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ónega” – Xulio Xiz

“Ónega” – Xulio Xiz

Ónega e máis eu eramos do 47. En Pol como en Vilalba o párroco emitía os certificados de boa conduta espiritual, e o alcalde e xefe local do Movimento de Afección ao Réxime, e sen eles non eras ninguén. O único local que os rapaces tiñamos para o lecer era o do Frente...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.