O Executivo de Julián Bustelo vén de licitar o proxecto para a segunda fase das obras para a dotación de redes de abastecemento e saneamento no lugar de Vilas (Asados, Rianxo).
O proxecto permitirá seguir a,pliando as ditas redes na parroquia e favorecerá que se poidan conectar a elas 16 novas vivendas. Durante a segunda metade do ano pasado levouse a cabo a primeira fase desta actuación en Vilas, que se centrou na parte leste da aldea.
Os traballos da segunda fase contarán cun orzamento de 194.386,50€ e fináncianse con cargo ao programa POS+ da Deputación da Coruña.




