Ferido un traballador de Frinsa tras o derrame de 40.000 litros de aceite na fábrica de Ribeira

14 Agosto 2025

Un operario resultou ferido este martes ao ser arrastrado por unha avalancha de aceite provocada pola rotura dun depósito da fábrica Frinsa Nº1 do polígono industrial de Xarás, en Ribeira. O tanque, con capacidade para 40.000 litros, sufriu unha rotura que orixinou a vertedura masiva.

Segundo informou a empresa, o plan de emerxencia activouse de inmediato, o que permitiu conter a maior parte do derrame dentro das instalacións. Só unha pequena cantidade chegou ao exterior, onde foi controlada rapidamente para evitar danos ambientais.

O traballador ferido recibiu atención no lugar e posteriormente foi trasladado ao Hospital do Barbanza. Aínda que o seu prognóstico non reviste gravidade, sufriu lesións debido á forza do aceite en movemento.

Ao lugar desprazáronse efectivos dos bombeiros, Policía Local e Protección Civil, ademais de persoal técnico da fábrica. A coordinación entre todos os equipos permitiu frear a expansión da vertedura e minimizar as consecuencias.

As autoridades destacaron a “actuación impecable” dos servizos de emerxencia e do persoal da empresa, subliñando que o suceso podería ter consecuencias moito máis graves sen esa rápida resposta.

Están a investigarse as causas exactas da rotura do depósito e avaliando posibles medidas preventivas para evitar futuros incidentes similares.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

Antes de conocer el mundo, lo leímos. Antes de caminarlo, ya habíamos recorrido sus sendas, descifrando la urdimbre, esa palabra hermosa que nace del latín ordiri para tramar o tejer nuestra propia existencia. Fuimos porque otros soñaron antes. Navegamos con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.