Ferido leve nun accidente na autovía de Barbanza ao seu paso por Rianxo

26 Agosto 2025

Un condutor resultou ferido de carácter leve este martes tras sufrir un accidente de tráfico na autovía de Barbanza (AG-11). O sinistro produciuse no punto quilométrico 18, ao seu paso polo municipio de Rianxo, pouco antes do mediodía.

Segundo fontes de emerxencias, o accidente consistiu nunha saída de vía na que só se viu implicado un vehículo. O condutor, único ocupante do turismo, puido saír polos seus propios medios.

Ata o lugar desprazáronse os bombeiros de Boiro, a Policía Local de Rianxo, a Garda Civil de Tráfico e unha ambulancia do 061, que prestou asistencia ao ferido. Este solicitou a alta voluntaria tras ser atendido polos sanitarios.

O operativo mantívose activo ata a retirada do vehículo da calzada para restablecer a circulación con normalidade.

Dotación de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro xunto Policía Local de Rianxo e Mantemento da Ag11 intervindo en accidente na AG11 pk 18 sentido Ribeira no Concello de Rianxo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

“Leer, la vida”. Alberto Barciela

Antes de conocer el mundo, lo leímos. Antes de caminarlo, ya habíamos recorrido sus sendas, descifrando la urdimbre, esa palabra hermosa que nace del latín ordiri para tramar o tejer nuestra propia existencia. Fuimos porque otros soñaron antes. Navegamos con...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.