Este sábado 9 de agosto prosegue a troula en Rianxo. Farao, entre outras celebracións de relevancia, coa Festa da Praia de Tanxil, que arrincará ás 13.30 horas con entrada libre. Será unha xornada festiva con xogos (campionatos de castelos de area, campionatos de palas, campionatos de petanca, carreiras de colchonetas) e degustacións de bebidas (cócteles, mojitos), entre outras actividades. A vertente musical virá da man de MG Eventos e Curi. Organizan As Juadalupeñas coa colaboración do Concello de Rianxo.




