Este sábado 30 celébrase a XXVII edición da Carreira Nocturna de Noia

27 Agosto 2025

A noite do último sábado de agosto (este sábado 30), as rúas de Noia acollerán unha vez máis a Carreira Nocturna Pedestre Popular, que chega este ano a súa XXVII Edición. A carreira dará inicio o 30 de agosto ás 20:30h dende a Alameda (a carón da Casa do Concello) baixo o nome de Noia medieval e celebrarase, como xa é habitual, no recordo de Hipólito Rey “Polo”, pioneiro local do atletismo e co-impulsor desta histórica proba deportiva.

A inscrición está aberta ate o mércores ás 23:59h. As inscricións poden facerse na web Emestports. Haberá cinco categorías: chupete (250 metros), pitufo (350 metros), sub10 e sub 12 (1 quilómetro), sub14, sub16 e sub 18 (tres quilómetros), e sub20, sub23, sénior e máster (8 quilómetros). A entrega de premios, ao remate da carreira, levarase a cabo na Alameda de Noia.

Outros artigos

Dodro celebra o Samaín co espectáculo familiar O Espantamedos

O Concello de Dodro vai celebrar a festividade do Samaín cunha cita familiar: O Espantamedos. Trátase dun espectáculo de narración oral, monicreques e música da compañía Fantoches Baj. Dirixido ao público familiar e recomendado para nenas/os maiores de 5 anos Será...

+

Mércores 28, xornada de tempo seco e máximas en ascenso

A metade oeste concentrará a maior parte da nubosidade, mentres que os termómetros gañarán graos durante as horas centrais do día. A comunidade galega vivirá este mércores unha xornada marcada polo tempo seco e un ascenso moderado das temperaturas máximas, como...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.