O vindeiro domingo 24 de agosto disputarase a XXI edición do Trofeo Concello de Rianxo.
Os tres clubs de fútbol do municipio con equipo sénior masculino (SD ARaño, CCD Taragoña e CD Unión) enfrontaranse no Campo Municipal da Lomba nunha xornada festiva “marcada pola agarimosa rivalidade existente entre amigos e veciños”, salientaron dende a organización.
Os horarios dos partidos son os seguintes:
18:00 h.
S.D. Araño – C.C.D. Taragoña
19:00 h.
S.D. Araño – C.D. Unión
20:00 h.
C.D. Unión – C.C.D. Taragoña




