Dúas persoas resultan feridas nun accidente entre dous vehículos na Pobra do Caramiñal

01 Agosto 2025
A D C Bombeiros Boiro e Bombeiros Ribeira

Dúas persoas resultaron feridas, unha de cada vehículo implicado, tras unha colisión rexistrada este xoves na estrada AC-305, ao seu paso polo lugar do Campiño, no concello da Pobra do Caramiñal. Unha das vítimas tivo que ser excarcerada polos servizos de emerxencia, mentres que a outra necesitou asistencia para abandonar o seu turismo. Ambas foron trasladadas en ambulancia ao centro hospitalario de referencia.

O accidente produciuse pasadas as 11:10 horas da mañá, momento no que o 112 Galicia tivo constancia do sinistro no que, xa desde o primeiro momento indicaron que podería haber unha persoa atrapada no interior dun dos vehículos.

De inmediato, desde a sala de operacións do 112 Galicia informouse ao Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, aos Bombeiros de Ribeira e Boiro, á Garda Civil de Tráfico e á Policía Local.

Unha vez no punto, os equipos de intervención confirmaron a necesidade de excarceración dunha muller, mentres que a segunda persoa ferida tamén requiriu axuda para saír do coche. Unha vez liberadas, ambas foron atendidas polo persoal sanitario e evacuadas ao centro hospitalario de referencia.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.