Domingo 17, brétemas costeiras nas primeiras horas

16 Agosto 2025

Galicia continuará este domingo baixo unha situación intermedia entre altas e baixas presións, con achega de aire húmido atlántico e presenza de aire frío en altura.

Comarca e rías baixas: A mañá comezará con néboas costeiras, que irán levantando ao longo das primeiras horas. O resto do día alternarán ceos con nubes altas e claros, aínda que pola tarde podería formarse algunha nube de evolución en zonas de interior próximas ás serras, con risco baixo pero non descartable dalgún chuvasco illado. As temperaturas descenderán lixeiramente, cun ambiente máis fresco que nas xornadas anteriores.

Santiago e comarca: Néboas matinais en puntos do interior, que darán paso a ceos con intervalos de nubes altas. Durante a tarde poderá aparecer nubosidade de evolución, sobre todo en áreas montañosas próximas, con posibilidade dalgún chuvasco débil e ocasional. As temperaturas tamén sufrirán un pequeno descenso, con máximas máis suaves.

meteogalicia

O noso mar: Vento do norte á mañá, do noroeste á tarde e do norte á noite, forza 1 a 3 á mañá e 3 a 4 á tarde e á noite. Mar ovellado á mañá e marusía á tarde e á noite. Visibilidade mala á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste, con ondas de 0 a 1 metros.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.