Detido un menor en Santiago por provocar sete incendios en Vidán e A Rocha

19 Agosto 2025

Unha operación conxunta da Policía Nacional e a Policía Local de Santiago de Compostela permitiu deter a un menor acusado de provocar ata sete incendios entre os días 7 e 17 de agosto nos barrios de Vidán e A Rocha.

Diario de Santiago

A investigación púxose en marcha tras a aparición de varios focos sospeitosos, o que levou a reforzar a vixilancia policial con patrullas preventivas. Grazas aos avisos veciñais e ás pescudas realizadas, os axentes identificaron ao sospeitoso, veciño da mesma zona afectada. No momento do arresto portaba dous mecheiros.

Os lumes calcinaron un total de 1,36 hectáreas, o que obrigou a intervir tanto ao servizo forestal como ao corpo de bombeiros da cidade para a súa extinción.

Tras a práctica das dilixencias, o menor foi posto a disposición da Fiscalía de Menores da Coruña, que decretou o seu ingreso nun Centro de Internamento.

As forzas de seguridade subliñaron a importancia da colaboración cidadá para resolver o caso e lembraron que os avisos veciñais son fundamentais para previr delitos desta gravidade.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.