Corrubedo celebra as súas festas patronais con música, tradición e actividades para todas as idades

08 Agosto 2025

A parroquia ribeirense de Corrubedo arrinca hoxe as súas festas patronais, que se prolongarán ata o domingo e terán continuidade o venres 15 de agosto. O programa combina actos relixiosos, música en directo e propostas para todos os públicos.

A programación comeza ás 12:00 horas cunha misa solemne en honor á Virxe do Perpetuo Socorro, cantada polo coro parroquial, que tamén participará no resto das celebracións relixiosas. Á mesma hora dará comezo a Festa das Peñas, con probas de xogos tradicionais durante toda a xornada.
Pola noite, desde as 21:30 horas, celebrarase a verbena co Dúo Keima, durante a cal se entregarán premios, e o peche correrá a cargo de Tito Maverick.

Venres 9 – Virxe do Cabo

Ás 12:00 horas oficiarase a misa solemne na honra da Virxe do Cabo. Xa pola noite, desde as 23:00 horas, actuarán Brei GR e outro DJ convidado.

Domingo 11 – Virxe do Carme

A xornada arrancará coas dianas e alboradas do grupo Xiada. Ás 12:00 horas, misa solemne con procesión e ofrenda.
A sesión vermú estará amenizada por Abdón Musik, seguida dun serán de música tradicional con As Silvalveiras, As Garridiñas e As Lavandeiras. Pola noite, a orquestra local Platinum e Abdón Musik serán os protagonistas da verbena.

Venres 15 – Virxe da Asunción e Entroido de Verán

O último día festivo comezará cunha misa cantada en honra á Virxe da Asunción. Pola tarde, festa infantil, e pola noite celebrarase o Entroido de Verán, que contará coa actuación dun DJ

Durante estes días, Corrubedo converterase nun punto de encontro para veciños e visitantes, mesturando a devoción polas súas patroas coa música, o lecer e as tradicións que caracterizan as súas festas.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.