Conato de lume forestal no Freixo (extinguido)

18 Agosto 2025

Este sábado ás 14:50 foi declarado un incendio forestal na parroquia do Freixo, entre Mosteiro e Vilariño, segundo confirmou o Concello de Outes, que deu aviso aos servizos de extinción incendios forestais da Xunta de Galicia e que engadiu que para sufocalo foron mobilizados un axente forestal, dúas cuadrillas e dúas motobombas, ademais de Policía Local de Outes. O lume resultou controlado axiña e foi extinguido ao pouco de ter sido detectado, confirmaron fontes do Consistorio, engadindo que “ante a situación de risco de incendios que estamos a vivir, pregamos a poboación que tomen todas as precaucións, e lembramos que ante calquera indicio de incendio forestal, está dispoñible o número de teléfono 085”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.