Comezan na Pobra as obras de ampliación do refuxio de animais

08 Agosto 2025

O Concello da Pobra do Caramiñal iniciou, esta semana, as obras de ampliación do refuxio de animais municipal, co obxectivo de “mellorar as condicións e atención dos animais abandonados”. Desta volta os traballos están dirixidos especialmente aos felinos, mediante a rehabilitación dun novo espazo independente adaptado ás súas necesidades específicas.

O proxecto, que está dotado cun orzamento de 47.975 euros, contempla a adecuación de tres contedores marítimos previamente adquiridos como módulos de gateiras. Estes contedores dividiranse interiormente con tabiquería lixeira revestida de vinilo lavábel, o que permitirá duplicar o número de cubículos dos que se dispón. Cada espazo estará dotado de porta de chapa de aluminio, ventás para iluminación e ventilación natural, e carpintería tipo mosquiteira para garantir a circulación do aire sen que poidan escapar os animais.

O proxecto inclúe tamén a previa preparación do terreo, sobre o que se executará unha soleira de formigón armado que servirá de base para os módulos. Cada un deles disporá dun patio exterior pechado con estrutura metálica, o que permitirá que os animais poidan gozar dun espazo seguro.

Amais, executarase un corredor pechado de comunicación entre módulos, que actuará como elemento de seguridade para evitar fugas, ao tempo que facilitará o acceso do persoal.

Ademais, instalarase unha nova rede de recollida de augas fecais para mellorar a salubridade e limpeza das instalacións.

O alcalde e responsábel da área de Benestar Animal, José Carlos Vidal, sinalou que “o benestar animal é unha prioridade para nós. Con esta ampliación damos un paso importante cara a un refuxio máis funcional e adaptado ás necesidades reais que temos”. O rexedor fixo un chamamento “á responsabilidade das persoas no coidado das súas mascotas”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.