Chega a súa 30ª edición a Travesía a Nado Praia de Coroso

11 Agosto 2025

Este luns 11 de agosto celebrouse en Ribeira a presentación da nova edición da Travesía a Nado Praia de Coroso, que celebra este verán o 30 aniversario da súa andaina. Á presentación asistiron o concelleiro de Deportes, Xabier Vidal, a presidenta do Club de Natación Ribeira, María
Villar, xunto ao adestrador do club, Juan Carlos Ageitos. O vindeiro venres 15 de agosto celebrarase esta clásica travesía á altura do bar da praia de Coroso a partir das 11:00 horas da mañá. O concelleiro resaltou o ambiente familiar da competición que é de carácter popular, “coa intención de vivir e promover os hábitos saudábeis e a natación en Ribeira”. Vidal informou que xa hai máis de cen inscritos e que o prazo para as inscricións estará aberto ata mañá día 12 de agosto até as 00:00 horas en Galitiming. Para finalizar o concelleiro animou a veciños, veciñas e visitantes a participar na travesía.

A continuación tomou a palabra o adestrador de club, Juan Carlos Ageitos, para informar dos detalles técnicos da travesía, na que a recollida de dorsais celebrarase de 9:30 a 10:45 horas, o comezo das probas ás 11:00 horas e a entrega de premios ás 14:00 aproximadamente. Segundo explicou, as distancias serán de 2.500 m para nados 2009 e anteriores; 1.250 m para nados no 2013 e anteriores; 400 m para nados 2014 e posteriores e 150 m aproximadamente para nados en 2015 e posteriores (non competitiva). As categorías por ano serán benxamín 2015 e 2014, alevín 2013 e 2012, infantil 2011 e 2010, júnior de 2009, 2008 e 2007, absoluta de 2006 a 1995, master 1 de 1994 a 1980, master 2 de 1979 a 1965, master 3 de 1964 e anteriores.

Os premios para 150 m non competitiva consistirá nunha medalla para tódolos participantes, en 400 m será medalla para tódolos participantes e medalla/trofeo para os 3 primeiros masculino e feminino benxamín.En remudas mixtas terán medalla/trofeo para os 3 primeiros equipos, en 1.250 m medalla/trofeo para os 3 primeiros masculino e feminino alevín, infantil, popular e inclusivo, en 2.500 m medalla/trofeo para os 3 primeiros masculino e feminino de cada categoría, incluída a categoría inclusiva que se incorpora nesta edición; ademais nesta proba de 2.500 m haberá premio económico para os 3 primeiros homes e as 3 primeiras mulleres en pasar o arco de meta independentemente da súa categoría (1o clasificado/a: 200 euros, 2o clasificado/a: 150 euros e 3o clasificado/a: 100 euros).

Ageitos anunciou que “neste ano como novidade polo noso 30º Aniversario, incluiremos unha proba de remudas mixtas de 400m e cada remuda deberá constar de 4 nadadores nados no 2014 e anteriores, é deberá constar polo menos dun nadador feminino (1F-3M, 2F-2M ou 3F-1M)”.

A presidenta do Club Natación Ribeira, María Villar, agradeceu “un ano máis e neste especialmente xunto á concellería de Deportes colaboración do Concello de Ribeira”. Destacou especialmente a incorporación da categoría inclusiva nesta trixésima edición; parécenos moi importante que as persoas con diversidade funcional poidan participar na travesía”. Para rematar animou aos veciños e veciñas a inscribirse na travesía e especialmente este ano convidou ás persoas con diversidade na categoría inclusiva.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.