Castiñeiras celebrará as Festas do Verán os días 22, 23 e 24 de agosto

21 Agosto 2025

Castiñeiras presenta as súas Festas do Verán cunha procesión marítima como gran novidade. · Habilitarase un catamarán con 120 prazas para a procesión do Carme.

As Festas do Verán de Castiñeiras celebraranse os días 22, 23 e 24 de agosto cunha programación chea de actividades relixiosas, culturais e de lecer. A presentación oficial tivo lugar hoxe coa presenza do tenente de alcalde, Vicente Mariño, o concelleiro de Festexos, Francisco Suárez-Puerta, as integrantes da Comisión de Festas, Manolita Vidal e Beatriz Rodríguez, así como o concelleiro do Mar.

O edil de Festexos detallou o programa e destacou a gran novidade desta edición: a procesión marítima no domingo 24, na honra da Virxe do Carme, que se realizará a bordo dun catamarán de 120 prazas. “Este ano temos como novidade a procesión marítima cun catamarán, algo moi demandado polos veciños”, explicou Suárez-Puerta.

O venres 22 abrirase a programación co Día do Sagrado Corazón, que incluirá misa ás 20:00 horas cantada polo Coro Parroquial Bo Pastor de Castiñeiras e, pola noite, a festa coa Planet Disco Móbil e os DJ Maikel Style e Tito Maverick.

O sábado 23 celebrarase o Día de San Cristovo, cunha gran sardiñada ás 13:00 horas, actividades infantís con inchables e festa da escuma a partir das 17:00 horas, e o tradicional partido de fútbol de casados contra solteiros ás 18:00 horas. Ás 20:00 horas terá lugar a misa en honra de San Cristovo, seguida da procesión e bendición de vehículos. A xornada rematará coa actuación do grupo Drippers e unha sesión musical da man do DJ Mateo Abelleira.

O domingo 24 será a quenda da Virxe do Carme, cunha misa solemne ás 11:00 horas na Igrexa do Bo Pastor, seguida da procesión marítima no catamarán financiado pola Concellería do Mar. O edil Abraldes explicou que os tickets para embarcar se repartirán na propia igrexa e que a comitiva fará unha parada á altura da Ameixida para a tradicional ofrenda floral aos mariñeiros desaparecidos.

A presidenta da Comisión de Festas, Manolita Vidal, mostrouse emocionada polo apoio institucional: “Portáronse moi ben; o de traer o catamarán xa é unha marabilla. Encántame que a Virxe volva saír ao mar, porque fai moitos anos que non navegaba”.

O tenente de alcalde, Vicente Mariño, pechou a presentación animando a veciños e visitantes a gozar das celebracións e da vila mariñeira de Castiñeiras, ao tempo que anunciou un reforzo do servizo municipal de limpeza durante os días festivos.

Outros artigos

A III edición da Noite Tradi encheu a praza da Igrexa de Ribeira

Este sábado 11 de xullo de 22 a 01:30 h celebrouse en Ribeira, na Porto do Sol (perante a Igrexa Parroquial de Santa Uxía) a terceira edición da Noite Tradi, organizada pola Asociación Cultural Bailadela e a Concelleria de Cultura de Ribeira. Contou coa actuación da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

“Etapas vitais” – José Manuel Pena

O verán é unha boa estación para o descanso, a lectura e a reflexión, sen esquecernos do goce da praia ou do monte, segundo as preferencias de cada quen. Cando miramos atrás dámonos conta da experiencia que adquirimos co paso do tempo e dos erros que cometemos, na...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.