Cambados lembra a Luís Rei no décimo cabodano do seu pasamento

14 Agosto 2025

O Grupo Etnográfico Mascato lembra ao activista grovense

Esta semana celébrase o Memorial Luís Rei, un programa de actividades impulsado polo Grupo Etnográfico Mascato co apoio de entidades como Dorna Meca, Culturmar, Amigos do Qinteiro e o BNG, para render homenaxe á figura de Xosé Luís Rei Núñez (O Grove, 1960 – Pontevedra, 2015) no décimo aniversario da súa morte.

Diplomado en Maxisterio e técnico de cultura no Concello de Cambados, Rei foi un activista social e político, fundador do Colectivo Ecoloxista do Salnés, concelleiro no Grove polo BNG e militante de Anova. Comprometido coa defensa do patrimonio mariñeiro, participou no Grupo Etnográfico Mascato e na Federación Galega pola Cultura Marítima e Fluvial (Culturmar), dirixindo durante anos a revista Ardentía, que se convertería nunha referencia no sector.

Especialista na historia local de Cambados, O Grove e a ría de Arousa, dedicou boa parte do seu labor investigador a figuras como Ramón Cabanillas —sobre o que publicou Crónica de desterros e saudades (2009) e a obra teatral Antre as roseiras de Cabanillas— e Basilio Álvarez, de quen deixou inconclusa Basiliana, editada en 2022.

O seu legado cultural e mariñeiro recóllese tamén en obras como Farol perpetuo na néboa. Luís Rei e a cultura marítima (2020), publicada a título póstumo. Ao longo dos anos, a súa figura foi recoñecida con distincións como o Premio Ramón Cabanillas, a edición do libro-homenaxe Luís Rei. Crónica de traballos e amizades (2015), a inclusión no Álbum de Galicia do Consello da Cultura Galega, así como o nomeamento da Biblioteca Municipal de Cambados e do Premio de Investigación do Concello do Grove na súa honra.

As actividades de lembranza culminarán mañá, venres, na Salga de Moreiras (O Grove) cunha arribada de embarcacións tradicionais, un coloquio aberto con familiares e amizades, e a presentación do libro A palabra sempre en alto. Traballos inéditos e dispersos, que recupera textos nos que volve lucir o seu talento literario, o rigor documental e o seu característico sentido do humor.

Outros artigos

O filme documental 360 curvas proxéctase este domingo en Boiro

O Ciclo de Cine Mestre Mateo, impulsado nos concellos pola Academia Galega do Audiovisual, volveu poñer o foco en Boiro para dar coñecer ao público a rica colleita cinematográfica galega deste último ano. Sen ir máis lonxe, este domingo 18 de outubro proxectarase no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Juan Magán” – Xulio Xiz

“Juan Magán” – Xulio Xiz

Estes días, Merce e máis eu, mergullámonos cada día no multitudinario ambiente festeiro, disfrutamos coa venerable presencia de Celtas Cortos e ousamos asistir ao concerto de Juan Magán. Con relativo coñecemento do actual mundo musical, que navega de Camilo a India,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.