Cabo de Cruz será este domingo o escenario da Liga Eusko Label e Liga Euskotren

06 Agosto 2025

O peirao de Cabo de Cruz será este domingo 10 de agosto escenario da Liga Eusko Label e Liga Euskotren da ACT na que se disputará a XXXV Bandeira Concello de Boiro e VI Bandeira de traiñas feminina Rianxeira. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na presentación da proba xunto con Luis Piñeiro, presidente do Club de Remo Cabo de Cruz; e Margarita Hermo, directora de Relacións Institucionais de JEALSA. patrocinadora da proba e Club de Remo Cabo de Cruz.

Trátase dunha proba que se disputará nun campo de regatas de catro carreiros, tres millas e tres ciabogas. A regata masculina, que dará comezo ás 12.20h será a catro longos e a feminina, que se disputará previamente, será a dous longos.

“Dende o Club de Remo estamos moi contentos de volver acoller esta proba que se volve disputar dous días seguidos no Barbanza e na que, como vén sendo habitual, teremos paella e mexilloada”, afirmou o presidente do Club de Remo, Luis Piñeiro.

Ao finalizar as regatas haberá espazo gastronómico do Club de Remo Cabo de Cruz, así como a fan zone da Liga ACT e tamén degustación de bonito.

“Tratase dun dos eventos mais importantes do noso calendario deportivo que mestura deporte con gastronomía e no que os remeiros de cabo precisan do apoio de toda a afección”, afirmou o concelleiro Marcos Fajardo.

Pola súa parte, a directora de Relacións Institucionais de JEALSA, Margarita Hermo, animou á veciñanza de Boiro e a comarca a que se acheguen a desfrutar do remo esta fin de semana: “Dende JEALSA estamos moi orgullosos de ter dous equipos na máxima categoría do remo e imos seguir prestando o noso apoio para que se manteñan”.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.