Boiro será escenario o sábado do Campionato Galego de Barco Dragón

19 Agosto 2025

O Concello de Boiro colabora co Club de Piragüismo Rías Baixas e a Federación Galega de Piragüismo para a celebración do Campionato Galego de Barco Dragón, que terá lugar o sábado 23 de agosto en praia Xardín. O concelleiro de Deportes, Marcos Fajardo, participou na presentación da proba xunto con Sergio Pérez e Luis Ourille.

Trátase dunha proba de 2.000 metros que forma parte da Liga Galega de Barco Dragón.

Comezará a partir das 15.00 horas e disputarase nun circuíto de 500 metros paralelo á praia. “Vai ser unha proba moi vistosa na que van participan clubs galegos que practican esta especialidade, unha disciplina que está a medrar moito nos últimos anos”, afirmou Sergio Pérez.

Está prevista a participación de 200 deportistas entre sénior e veteranos en 30 embarcacións de 12 padexeiros e 6 de 21 padexeiros. O concelleiro de deportes, Marcos Fajardo, deulle os parabéns ao club polos éxitos que está a colleitar nesta modalidade e convidou á veciñanza a presenciar este “gran espectáculo deportivo como é o Barco Dragón”.

Outros artigos

Novo número de Código Cero, revista de Ciencia e Tecnoloxía de Galicia

Como todos os meses, chega outro número de Código Cero o 278, na súa edición impresa, que se pode achegar de balde nunha completa rede de puntos de distribución, podéndose descargar tamén en formato PDF ou ler en dispositivos móbiles a través da aplicación de quiosco...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.