Boiro conmemora o naufraxio do mercante “Cabo Razo” na punta do Chazo en 1958

09 Agosto 2025

O Concello de Boiro celebrou este venres 9 de agosto un acto conmemorativo en recordo ao afundimento do mercante Cabo Razo na punta do Chazo en 1958. O alcalde, José Ramón Romero, entregou un obsequio a Jose Outeiral “O Tonero” e Manuel Vázquez “O Lucho”, dous dos rapaces que salvaron aos mariñeiros no mar.

“O que vivimos aquel día non o esquecemos nunca”, afirmou José Outeiral cando relataba o que viviron aquela madrugada de 1958. Era un luns 4 de agosto e en Abanqueiro festexábase a romaría de Exipto. A bordo dun pequeno racú de 6 metros pescaban dous homes: Manuel Vázquez e Benigno Romero, de 48 e 60 anos, acompañados de tres rapaces: José Outeiral (17), Francisco Muñiz (15) e Manuel Vázquez (11) cando escoitaron os gritos que proviñan do interior da ría. Un gran mercante de 6000 toneladas e 98 metros de eslora con 44 persoas a bordo que saíra do porto de Vilagarcía chocara contra un penedo chamado A Barsa. 

Os mariñeiros, coa barquiña de 6 metros subiron a cantos náufragos puideron e trasladáronos ao peirao de Cabo de Cruz, onde puideron dar a voz de alarma para que outros barcos saíran a axudar aos tripulantes daquel mercante. Naquela noite faleceron o temoeiro, José Mariño, veciño de Triñáns, e outras doce persoas.

“Quixemos facer este modesto pero emotivo acto para recordar ás vítimas daquel naufraxio pero tamén a aqueles homes e rapaces que foron quen de socorrer e dar a voz de alarma”, afirmou o alcalde. Logo da misa tivo lugar unha ofrenda floral na punta do Chazo, lugar do naufraxio, e a proxección dun documental sobre o suceso realizado pola Asociación O Faiado.

A Asociación Cultural A Gamela expuxo na punta do Chazo unas embarcacións tradicionais entre as que se atopaba un racú moi semellante ao que empregaron aquela noite. Na punta do Chazo pode verse xa unha placa conmemorativa e unas imaxes de como foi aquel naufraxio en recordo ás vítimas e aos heroes do racú.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.