BarbanTEA impulsa un empréstito de cascos de cancelación de ruído nas Festas do Carme dos Pincheiros

14 Agosto 2025

A Asociación BarbanTEA, entidade comarcal fundada en 2024 para traballar pola inclusión das persoas con autismo e as súas familias no Barbanza, instalará o vindeiro domingo, 17 de agosto, un posto de empréstito de cascos de cancelación de ruído con motivo das Festas do Carme dos Pincheiros. Estará localizado na Alameda e funcionará de 18:00 a 00:00 horas.

A actividade, organizada coa colaboración da concellería de Servizos Sociais, ofrecerá de xeito gratuíto este servizo, que está pensado para persoas que precisen reducir o impacto sonoro das celebracións e poder gozar delas con maior comodidade. Para acceder ao servizo, só será necesaria unha fianza de 10€ e facilitar uns datos de contacto a través dun formulario proporcionado pola propia entidade.

A concelleira da área, Amparo Cerecedo, apuntou que con esta iniciativa “buscamos que as nosas festas sexan un espazo máis inclusivo, onde as necesidades especiais de persoas con TEA e doutros colectivos con sensibilidade ao ruído sexan tidas en conta e, así, que elas tamén poidan gozar destas celebracións”.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.