As Rías Baixas e Santiago prepáranse para outra xornada de calor intensa este mércores

05 Agosto 2025

A calor continuará sendo protagonista este mércores en toda Galicia, especialmente nas Rías Baixas e en Santiago, onde se prevén temperaturas máximas por riba dos 35ºC. A xornada estará marcada por ceos despexados, cun ambiente plenamente veraniego e risco elevado de golpes de calor.

A mañá será tranquila, con algúns intervalos de nubes baixas restrinxidos á Mariña, que desaparecerán co paso das horas. Xa pola tarde, non se descarta a entrada de brétemas costeiras polo oeste, que poderían suavizar lixeiramente o ambiente nas zonas máis achegadas ao mar.

No que respecta ao vento, será xeralmente frouxo do nordés, con réxime de brisas nas Rías Baixas, especialmente ao sur de Fisterra. No litoral norte, en cambio, agárdanse intervalos de vento moderado con refachos máis fortes en puntos como Bares.

meteogalicia

O noso mar: Vento variable, forza 1 a 2 á mañá e á noite e 2 a 3 á tarde. Mar rizado á mañá e á noite e mar ovellado á tarde. Visibilidade boa á mañá e regular á tarde e á noite. Mar de fondo do noroeste á mañá e norte á tarde e á noite, con ondas de 0.5 a 1.5 metros.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

“Loita nas rúas e nos despachos” – José Manuel Pena

Bandeiras anticonstitucionais e falanxistas, cánticos franquistas, insultos e odio cara a todos aqueles que non pensan como eles, é a imaxe desagradable e vergoñosa que demostraron un grupo de mozos, algúns menores de idade, na capital de España. Algúns nos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.