“As matemáticas”. Luís Celeiro

22 Agosto 2025

As matemáticas son a autovía lixeira e segura para andar polo coñecemento e transportalo, igual
que a filosofía e a música. Quen coñece os andares e se move libremente por estas tres grandes
áreas de saber, sábeo todo. Son tres linguaxes universais cos que falan e discuten os saberes. Son
linguaxes que permiten andar polo mundo coa tranquilidade necesaria e suficiente, coa cabeza ben
posta, para manter relacións de harmonía cos outros, que son -sen ningunha dúbida- humanas como
nós. Con aqueles que van ou volven polos centros de investigación, polos laboratorios, polas alturas
ou por debaixo do ceo.
Cómpre que os meniños e a rapazada saiban contar os pasos, as pegadas de cada día, a multitude de
famentos que hai no mundo da fame e que saiban tamén cales son as razóns polas que hai tantas
necesidades e tanta fartura. Euclides, tres ou catro séculos antes de Cristo, recompilou e divulgou os
seus maxistrais coñecementos, a través da obra Elementos e, entre outras cousas, di que a linguaxe
da verdade debe ser sinxela e sen adornos.
Os estudosos din que a Biblia é o libro máis publicado e divulgado no mundo occidental, nos últimos
dous mil anos, e eles saben que o segundo posto ocúpao o libro de Euclides, escrito con
anterioridade e capaz de poñer as cousas no seu sitio. As matemáticas, amigos lectores, son para
ensinar, reflexionar e interpretar. Son, xunto coa filosofía e a música, artes de falar, de dicir, de
comprender e están perfectamente unidas na procura da orde, da proporción e do sentido.
Cada unha destas disciplinas, por si soa ou compaxinándose entre si, axuda a comprender o mundo
e a condición humana. De modo especial, os filósofos gregos, como Platón e Pitágoras, enmarcaban
estes saberes no mesmo corpo de coñecemento e quen se deteña uns instantes a pensar,
decatarase da verdade destes pensadores da antigüidade.
As matemáticas están na escola, no xogo, na casa, nos montes, nos aparellos electrónicos, na
cabeza, nos pés e nas mans da xente. No camiño do colexio, nas beiras ou no lousado da rúa, nas
lecturas e nas libretas, na poesía e na arte, na bolsa da merenda e no peto da gabardina. Como di a
Tía Manuela, “alí, onde haxa acción humana ou da natureza, están presentes”. Tamén nos lumes, na
inacción e nas promesas dos mandatarios.

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.