As Festas do Carme de Porto do Son veñen con cinco días de celebracións (a partir do 7 de setembro)

25 Agosto 2025

A Comisión de Festas de Porto do Son, en colaboración co Concello, organiza os días vindeiros, entre o 7 e o 11 de setembro, a edición 2025 das Festas do Carme, que contarán cun amplo e variado programa de actividades (relixiosas, musicais, de lecer, deportivas) para non deixar a ninguén fóra das celebracións.

As festas comezarán o domingo 7 a primeira hora coas dianas e alboradas do grupo de gaitas Canlebó, e proseguirán sobre as 13.00 horas coa saída dos cabezudos Os Viqueiras de Ordes dende o CEIP Santa Irene até a praza de España para alí dar a benvida ao pregoeiro, Juan Fuentes, cuxa intervención inaugural está prevista para as 13.30 horas. Pola tarde ás 17.30 horas celebrarase a Copa Concello de Porto do Son (Memorial Emilio García). Pola noite celebrarase a verbena con Los Españoles e Marbella, orquestras acompañadas de Chocolate Disco Móbil DJ.

O luns 8 será o día na honra da Virxe do Carme e arrincará coas dianas e alboradas do grupo de gaitas Canlebó para proseguir logo as actividades coa saída da Virxe do Carme en procesión dende a Capela da Atalaia até a explanada portuaria. Ás 11.00 haberá misa solemne acompañada da Banda de Música de Caamaño e ao rematar celebrarase a procesión marítima coa tradicional ofrenda floral polos falecidos no mar, rematando cunha tirada de fotos. Pola noite haberá verbena con América SL e New York.

O martes 9 estará adicado á Virxe do Loreto. Arrincará coas dianas e alboradas de Canlebó. Haberá misas na Capela de Loreto ás 9h, ás 10, ás 11, ás 12, ás 18 e ás 19. Ás 13.00 horas celebrarase unha misa solemne acompañada pola Banda de Música de Caamaño. Despois haberá unha sardiñada no campamento de Loreto amenizada por Paco de Leña. Pola noite actuarán Kubo e a Discomóbil Chocolate.

O mércores 10, adicado a San Roque, arrincará novamente con Canlebó. Ás 12h celebrarase unha misa solemne na Capela da Atalaia e logo haberá unha procesión coa Banda de Música de Caamaño. Pola noite, a partir das 22h, volverá a verbena con Los Satélites e Finisterre.

As festas rematarán o xoves 11, o día da Caridade. Logo das dianas e alboradas co grupo de gaitas Canlebó haberá misa solemne na igrexa parroquial e posterior procesión acompañada pola Banda de Música de Caamaño. Ás 17.00 horas haberá actividades para a rapazada no xardín do porto: os inchábeis de Tikolandia e unha festa da escuma. Pola noite será a quenda da verbena coas orquestas París de Noia e Triunfo, máis a cabina de Discomóbil Chocolate. A partir das 0.00 horas tiraranse os fotos de artificio e a continuación haberá ruada e festa da auga coa Charanga Os Celtas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

“La tiranía de no intentarlo”. José Antonio Constenla

Tras el varapalo del último informe PISA, que sitúa a los alumnos españolespor debajo de la media de los países miembros de la OCDE en matemáticas,lectura y ciencias, lo que muestra un importante retroceso respecto a losniveles de hace una década, alguien debería...

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

“El Principio de Peter en Ceuta”. José Castro López

En 1969 Laurence J. Peter formuló el principio que lleva su nombre según el cual, enuna estructura jerárquica, los empleados llegan al nivel de incompetencia cuando sonascendidos a puestos para los que ya no están capacitados. El pedagogo canadienseformuló su teoría...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.