Dotación de bombeiros do Consorcio Contra Incendios e Salvamento de A Coruña con base en Boiro (Parque Provincial de Boiro) extinguiu na tarde deste 20 de agosto o incendio en vehículo na AG-11 no PK 13 sentido Ribeira ao seu paso polo concello de Rianxo. O vehículo non causou problemas a ningún dos outros vehículos que circulaban pola autovía, malia a densa fumareda que provocou e as lapas que o consumiron. Os condutores foron quen de estacionalo no borde da beiravía e evitar desta maneira riscos á circulación.




