Arde Galicia”. José Fernández Lago

19 Agosto 2025

Hai algúns anos que Mariano Medina transmitía a toda España a idea de que en Galicia chovía sempre… Agora os partes meteorolóxicos fan coñecer aos oíntes que levamos dous meses sen choiva. Mais aínda, tamén ofrecen noticia das altas temperaturas que temos nesta Autonomía, especialmente en Ourense, onde se dan algunhas das mais altas de toda España.

O peor do noso calor é que, xunto co vento, se volve unha axuda para os incendiarios, que non perden a súa oportunidade para queimar o que poden. Fan isto, sen a lucidez mental que debían ter para se decatar de que, coa súa teima, poden arrasar moitas casas da xente do medio rural, co perigo de rematar coa vida dos seus ocupantes.

Algunha xente, indo mais aló, chega a decatarse de que non só queiman os carballos que adornaban e ofrecían recendos confortantes aos veciños daqueles lugares, se non que ferían o mais fondo dalgunha xente, rematando coa esperanza que tiveran ao longo do ano. Os donos dos terreos agardaban o froito das súas viñas, pensando en obter delas ese mosto tan agradable que chegaban a gustar, cando se conseguía o viño, e que ofrecía a ledicia a mulleres e homes.

Esta mañá cheguei a percibir o gozo de toda unha familia con varios fillos, cando a nai de todos eles, como se estivera dándolle de mamar ao mais pequeno, lle achegaba unha cunca con auga ao seu can. Este gozaba, pero aqueles forasteiros non estaban menos contentos, se non que o exteriorizaban canto podían. Eu ía no senso contrario, e non puiden compartir por mais tempo a súa ledicia.

Na praza de A Quintana, ao saír da Misa de nove e media, daba o sol; pero eu púidenme sentar un pouquiño á sombra, a carón do muro do Mosteiro de San Paio. As colas que había para querer entrar na Catedral, en varias filas, eran abondas. Aínda que o sol xa lucía, alí, naquel entorno de pedra, non chegaba o lume. Unha boa parte de aquela xente, que non conseguía entrar na Catedral, acudiu á igrexa de San Paio para a Misa de doce, preocupada por celebrar a festa da Asunción da Virxe; e a outra continuaría alí esperando en vano, na praza, no intento de gañar ese Xubileo da Esperanza que podemos acadar este ano.

Ao remate da Misa subín a casa, para o xantar. Os medios de comunicación, despois das dúas, informáronnos do que acontecía. A maior parte das noticias trataban dos incendios e dos medios que se empregaban para impedir que o mal chegara ás casas, e mesmo do que se dicía aos propietarios, para que non foran vítimas do lume ou do fume. Tamén nos deron conta das axudas que podían ofrecer e das que a fin de contas aportaban os responsables do goberno e das comunidades autónomas. Tamén se nos informou sobre aqueles que estaban tratando de evitar os males que podía provocar o lume, e tamén dos que continuaban as súas vacacións, en lugares confortables, como se nesta España na que vivimos non pasara nada malo…

Onte estiven unhas horas no meu Carril natal. Era pola mañanciña, e estaba a carón do mar. Pola noite non houbera fogos, pois as festas xa remataran, e puiden durmir tranquilo. Despois, pola mañá, corría ese fresco que baixa do río Ulla e que fai diminuír o calor que hai noutros lugares. Sentado nun sitio con poucos transeúntes, gocei vendo o mar protexido polo peirao, e por iso mais sereno que nunca, sen olas e moi azul. Lonxe do lume que devora as árbores, apetecía continuar alí…; pero Santiago chamaba por min…

José Fernández Lago. Coéngo Catedral de Santiago de Compostela

Outros artigos

“Plan de Rescate da Sanidade Pública Galega”. Xosé Mª Dios Diz

“As listas de agarda constitúen unha das formas máis sofisticadas de crueldade. Son producto dun Sistema que intentaatender a todos con recursos cos que so se pode atender a algúns”. Juan José Millás: escritor. Valencia. 1946.Esta reflexión nos indica que os...

+

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

+

“Un negocio moi rendible” – José Manuel Pena

Demasiada hipocrisía en materia de vivenda por parte de moito axentes políticos, sociais e empresariais. A vivenda continúa sendo un negocio e moi rendible para uns poucos propietarios sen escrúpulos, para os fondos voitre, grupos inmobiliarios e grandes propietarios,...

+

“Teresa de Antas” – Xulio Xiz

A Casa da Cultura de Antas de Ulla chámase Teresa Batán. Bautizárona co nome da muller que entregou a vida á Biblioteca do seu pobo. Para min é Teresa de Antas desde hai máis de trinta anos, amiga admirada pola dedicación preocupada pola cultura e polos nenos. Na...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

“Quen engana a quen?” – Antón Luaces

Pepa Millán, a portavoz de Vox no  Congreso dos Deputados, xoga a, como mínimo, dúas bandas: ou se engana ou nos engana ao enxuiciar o que acontece estes días en Ceuta onde, desde os días 30 e 31 de xullo pasado vén falando da necesidade de expulsar da cidade autónoma...

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.