Aparece sen vida en Cabo de Cruz o bateeiro desaparecido na tarde do venres

30 Agosto 2025

A localidade boirense de Cabo de Cruz viviu unha tráxica xornada coa morte dun bateeiro que fora dado por desaparecido a última hora da tarde. O corpo do home apareceu aboiando preto dunha batea fronte á praia de Carragueiros, onde permanecía amarrada a súa planadora.

A alerta inicial chegaba ao 112 Galicia a través dun particular que avisou da presenza da embarcación sen ninguén a bordo. De inmediato púxose en marcha un amplo dispositivo de busca no que participaron Salvamento Marítimo —coa mobilización dunha embarcación e do helicóptero Helimer 401—, o Servizo de Gardacostas de Galicia, a Garda Civil e a Policía Local.

Á procura sumáronse tamén cinco barcos bateeiros da confraría de Cabo de Cruz. Finalmente, sobre as once da noite, unha das embarcacións do operativo oficial localizou o corpo sen vida do mariñeiro nunha zona próxima á batea.

O cadáver foi trasladado ao peirao de Cabo de Cruz e posteriormente derivado ao Instituto de Medicina Legal de Galicia (Imelga), onde se lle practicará a autopsia para esclarecer as causas,

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.