Ambar abre as inscricións para un curso de competencias clave

18 Agosto 2025

A Asociación Ambar das Persoas con Diversidade Funcional, entidade inclusiva do Barbanza, anuncia a apertura do prazo de inscrición para unha nova formación gratuíta en Competencias Clave Nivel I e II. O obxectivo desta iniciativa é “dotar ás persoas participantes na formación, dos coñecementos básicos en materias fundamentais para o seu desenvolvemento persoal e profesional”.

Segundo explica Ambar, o curso foi deseñado para reforzar as habilidades en Matemáticas, Lingua Castelá e Lingua Galega e “ten unha importancia estratéxica, xa que a súa superación permite ao alumnado acceder a diversos cursos de formación profesional sen necesidade de contar cos títulos de ESO ou Bacharelato. Deste xeito, a formación actúa como unha ferramenta esencial para derrubar barreiras e promover a inclusión laboral”.

“Con esta formación buscamos o apoderamento das persoas e abrirlles un camiño directo cara a novas oportunidades profesionais”, afirma Lidia Mariño, educadora especialista en atención á diversidade da Asociación Ambar, engadindo que se trata “dun paso fundamental para que poidan seguir formándose e ter un papel activo no mercado laboral, cumprindo así a nosa misión de Impulsar vidas independentes en comunidade”.

A formación está dirixida a persoas que teñan un nivel competencial mínimo de 6º de primaria, con vontade de aprender e compromiso de asistencia. O prazo de inscrición estará aberto ata o vindeiro 27 de outubro.

As persoas interesadas en participar poden formalizar a súa inscrición ou solicitar máis información a través do teléfono 981 874 480 ou enviando un correo electrónico a educacioninclusiva@asociacionambar.org.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.