ADEGA inaugura en Muros a exposición que documenta os seus 50 anos de traballo incansábel polo medio ambiente galego

15 Agosto 2025

A Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA) inaugurou este 14 de agosto en Muros a exposición 50 anos coidando a terra, coa que conmemora medio século de traballo en defensa do medio ambiente galego. Permanecerá ata o 26 de agosto no Curro da Praza.

O proxecto expositivo foi posíbel grazas ao apoio da Deputación da Coruña e á implicación de persoas socias e simpatizantes que contribuíron na elaboración dos textos e na achega de imaxes históricas.

O acto de inauguración contou coa colaboración do Concello de Muros e coa participación da súa alcaldesa, María Lago, que agradeceu a ADEGA a achega desta mostra ao concello e fixo un convite a toda a veciñanza a visitala.

Ademais, reivindicou a presenza e papel de asociación “en todas aquelas causas que teñen no fondo a defensa do noso patrimonio natural e cultural”, ao tempo que tamén puxo en valor a educación ambiental como ferramenta para xerar conciencia e accionar cambios en prol do medio ambiente.

Neste sentido, destacou aquelas propostas que o Concello, xunto con ADEGA, desenvolve en ámbitos coma o da loita contra as especies exóticas invasoras.

Tamén tomou a palabra María Candamo, veciña de Louro e creadora de Lixo Atelier, un proxecto de artesanía, deseño e transformación de residuos que atopa nas praias en xoias únicas.

Moi involucrada nas múltiples limpezas que se organizaron no marco da recente crise dos granulados plásticos, María Candamo lembrou a “rabia e impotencia” daqueles momentos e puxo o foco na importancia de que existan asociacións ecoloxistas para a organización e formación de voluntariado ambiental.

A continuación, Xaime Beiro, tamén veciño de Louro e submarinista audiovisual, falou da necesidade de se xuntar e de “preocupármonos polo noso”. “Estamos diante dun problema serio de contaminación mariña e cambio climático que afecta o noso mar”, engadiu.

Fins Eirexas, secretario técnico de ADEGA, foi o encargado de conducir o acto e agradeceu a presenza de todas as persoas e entidades colaboradoras que se achegaron ata a praza.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.