Aberta a inscrición para a XXVII Carreira Pedestre Popular Nocturna de Noia

14 Agosto 2025

O Concello de Noia acollerá un ano máis a súa Carreira Pedestre Popular Nocturna, que nesta XXVII edición levará por título “Noia medieval” e volverá render homenaxe a Hipólito Rey “Polo”, pioneiro e impulsor do atletismo na vila.

A proba celebrarase polas rúas noienses e dará comezo o sábado 30 de agosto ás 20:30 horas dende a Alameda. Abrirán a competición as categorías escolares “Chupete” (250 m) e “Pitufo” (350 m), seguidas das categorías Sub 10 e Sub 12 (1 km) e posteriormente Sub 14, Sub 16 e Sub 18 (3 km). Estas carreiras infantís e xuvenís contarán cun primeiro reparto de trofeos.

O prato forte chegará co circuíto das categorías Sub 20, Sub 23, Senior e Máster, cun percorrido urbano de 8 km e saída tamén dende a Alameda. Esta proba repartirá trofeos e premios en metálico para clubes e atletas independentes. A entrega de premios finais terá lugar ás 22:45 horas na Alameda.

A concelleira de Deportes, Sandra González, destacou que esta carreira é “unha homenaxe a un dos seus promotores e pioneiros do atletismo noiés, Hipólito Rey ‘Polo’. A relevancia da súa figura nos inicios marcou para sempre a historia deportiva da nosa vila, e non hai mellor maneira de recordalo que continuando co seu legado e alimentando a paixón por este deporte”.

As inscricións xa están abertas e poden tramitarse en liña ata o luns 25 de agosto. A participación é gratuíta para as categorías Sub 18, mentres que para as persoas adultas o custo é de 10 euros.

Outros artigos

Falece un ciclista tras sufrir unha caída nunha pista forestal en Cee

A vítima formaba parte dun grupo de sete persoas que percorría en bicicleta o Camiño a Fisterra Un ciclista perdeu a vida esta tarde no concello coruñés de Cee tras precipitarse da súa bicicleta mentres realizaba o Camiño de Santiago en dirección a Fisterra xunto a un...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

“Colleita 2026, máis galega” – Xosé González Martínez

Nunha mañá fría de xaneiro de 1936, ao pé do lume da lareira da Casa dos Ulloa, en Esposende (Ribadavia), Álvaro das Casas, escritor e dinamizador cultural do galeguismo, reuniu un grupo de colleiteiros do Ribeiro para propoñerlles a creación da Unión de Colleiteiros...

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

“La sociedad deslumbrada”. Alberto Barciela

LA SOCIEDAD DESLUMBRADA Es más que probable que estemos viviendo deslumbrados, ciegos de tanta luz y de tanta pantalla, concibiendo ilusiones y expectativas vanas, ofuscados, enceguecidos. Creo que la palabra que todo lo puede sintetizar, al menos lo que quiero...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.