A veciñanza de Rianxo poderá mellorar a súa empregabilidade con formación tecnolóxica

29 Agosto 2025

O Concello de Rianxo vai comezar o curso cunha nova actividade formativa de balde dirixida a persoas inscritas como demandantes de emprego en Emprego Galicia. Será un programa centrado en fortalecer a empregabilidade das persoas asistentes con competencias dixitais.

A formación centrarase no nivel intermedio das competencias TIC e permitirá adquirir coñecementos clave en busca e xestión da información dixital, en creación de contidos, na comunicación en liña, na resolución de problemas e na seguridade na Rede.

Cada persoa participante obterá un título oficial acreditativo e unha vez superada a formación, recibirá ademais un computador portátil de agasallo.

O curso desenvolverase do 22 de setembro ao 28 de novembro en horario de mañá.

O vindeiro 8 de setembro terá lugar unha xuntanza informativa no Auditorio de Rianxo para resolver dúbidas e cuestións relativas a este programa.

Máis información no 604 039 575.

Organizan ARA Formación, o Concello de Rianxo e BeProject Consultores.

Outros artigos

O PSOE de Ribeira acusa ao Executivo local de “falta de propostas”

O PSOE de Ribeira tamén fixo balance do ano de Goberno do PP e PBBI logo da moción de censura consumada en outubro do ano pasado. No seu balance afirmou que a alcaldesa, coincidindo co primeiro aniversario da moción de censura, "segue sen ofrecer solucións á fronte da...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

“Cuando la huelga cambia de destinatario”. José Castro López

Vaya por delante que la huelga es una conquista consagrada que tienen los trabajadorespara reivindicar y defender sus derechos. De hecho, en lo que llevamos de democraciatodas las huelgas generales se convocaron por razones laborales contra las políticas delGobierno...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.