A Pobra lanza a súa Oferta de Emprego Público coa suma de 14 novas prazas

29 Agosto 2025

Trala súa aprobación en xunta de Goberno local, o Boletín Oficial da Provincia deste 29 de agosto recolle a Oferta de Emprego Público (OPE) da Pobra do Caramiñal de 2025, na que se suman 14 prazas. Da cifra total inclúense nove postos de persoal funcionario e outros cinco de persoal laboral fixo. O alcalde, José Carlos Vidal, incide en que a OPE buscará reforzar algúns dos departamentos “clave no Concello co fin de alixeirar a carga de traballo e ofrecer un mellor servizo e atención á cidadanía”.

A proposta recolle as seguintes vacantes: unha praza de técnico superior de Administración financeira (A1) que se cubrirá por concurso; unha de técnico de Urbanismo (A2); dúas de administrativo; unha de auxiliar administrativo (C2), unha de oficial de Policía Local (C1), dúas de Policía Local (C1) e unha de operario para reforzar a brigada municipal de mantemento. A provisión en todos os casos será a través de oposición libre.

A OPE suma, ademais, outras cinco posicións de persoal laboral: catro de auxiliar do servizo de axuda no fogar e unha de conserxe que se proverán polo sistema de concurso-oposición.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

“El que se pica…, ajos come”. José Fernández Lago

A la luz de lo que se escucha estos días a nuestro alrededor, he estado dudando en mantener ese título en mi artículo, o sustituirlo por otro como que “El poder corrompe”. Existen dichos que hemos recibido de nuestros antepasados, y que no podemos aplicarlos...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.