A Pobra aposta por unhas Festas do Carme dos Pincheiros libres de violencias machistas

14 Agosto 2025

A concellería de Igualdade da Pobra do Caramiñal porá en marcha, un ano máis, un conxunto de medidas centradas en que as Festas do Carme dos Pincheiros se desenvolvan “nun ambiente seguro e respectuoso, libres de agresións machistas”. A iniciativa enmárcase na campaña Desmárcate! das violencias machistas, que busca sensibilizar e actuar contra a violencia de xénero e violencias sexuais nos espazos festivos.

Un dos piares da campaña no período estival será o Espazo Violeta habilitado na praza Alcalde Segundo Durán, onde se ofrecerá atención e acompañamento ás vítimas de calquera agresión sexista. O persoal encargado axudará ás persoas afectadas a xestionar a situación emocional e a poñer os feitos en coñecemento das autoridades, traballando en coordinación coa Policía Local e os servizos de emerxencia.

Este espazo estará operativo os catro días das festas. O venres 15, domingo 17 e luns 18 o horario será de 23:00 a 01:00 horas, mentres que o sábado 16 ampliará o seu horario desde as 20:00 ata as 01:00 horas.

Ademais, repartiranse materiais para promover a mensaxe da campaña, entre elas adhesivos antisubmisión, saquetas, mochilas, chapas, bolígrafos, panos, sombreiros e folletos informativos con indicacións sobre como actuar no caso dunha agresión sexual e cos recursos telefónicos dispoñíbeis en galego, castelán e inglés. Ademais, nos establecementos hostaleiros colaboradores haberá planos coa localización e horarios do Espazo Violeta.

A concelleira de Igualdade, Estefanía Ramos, subliñou que “o obxectivo é que todas as persoas poidan gozar das festas sen medo. Queremos que A Pobra sexa un lugar no que se respectan os nosos dereitos e que se alguén precisa axuda saiba onde atopala”. Engadiu que “a presenza do Espazo Violeta non só serve para atender posibles casos, senón tamén para concienciar á cidadanía sobre a importancia de rexeitar calquera forma de violencia machista”.

Outros artigos

Mar remata as obras de construción do peirao interior de Muros

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, investiu 460.000 euros na reconstrución dun tramo do peirao interior da dársena de Muros (A Coruña). A titular do departamento autonómico, Marta Villaverde, visitou na mañá deste mércores 10 de xuño as obras que se...

+

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...