A Pobra acolle este sábado 9 de agosto a celebración da III Bandeira Barbanza Arousa

06 Agosto 2025

Este mércores 6 de agosto pola mañá tivo lugar no porto da Pobra do Caramiñal a presentación da III Bandeira Barbanza Arousa da liga ACT que se celebrará o vindeiro sábado día 9 de agosto.

Nesta presentación participaron as autoridades representantes do territorio; o presidente da mancomunidade e alcalde de Rianxo, Julián Bustelo; o alcalde da Pobra do Caramiñal, José Carlos Vidal; o alcalde de Ribeira Luis Pérez Barral e o concelleiro de deportes do Concello de Boiro, Marcos Fajardo.

Así mesmo, fixeron acto de presenza o representante da Liga ACT, Daniel Vázquez, a xerente da Mancomunidade Barbanza Arousa, Fátima Cachafeiro, e máis María Jesús García, coordinadora de Institucións de Caixabank como patrocinadores do evento.

O evento deportivo dará inicio ás 17:20h coa regata feminina na que participan oito equipos e a continuación celebrarase a regata de categoría masculina coa participación de doce equipos.

O evento é de absoluta relevancia para o territorio, tal e como destacou Julián Bustelo. Nas súas palabras “somos un territorio cunha profunda tradición marítima e de vida ligadas ao mar”. O alcalde da Pobra do Caramiñal engadiu que “este próximo sábado será unha festa do remo, pero tamén unha oportunidade para poñer en valor o noso patrimonio marítimo, noso porto, nosa historia e nosa entidade como vila vencellada ao mar”

A Bandeira Barbanza Arousa celebrouse o pasado ano 2024 en Aguiño (Ribeira) e por primeira vez no ano 2021 no concello de Rianxo.

Outros artigos

Estabilizado o lume de Ribasieira (O Son)

A Consellería do Medio Rural informou de que o incendio forestal rexistrado no concello coruñés do Porto do Son, parroquia de Ribasieira, quedou estabilizado ás 18,15 horas de hoxe. O lume iniciouse ás 14,42 horas de onte e segundo as últimas estimacións provisionais...

+

Este mércores 23, comeza o outono logo dun verán de récord

Este verán foi o de maior número de días con temperatura máxima por riba dos 30 graos en Compostela, segundo datos do Observatorio Astronómico da USC Comeza o outono. Foto: Santi Alvite Ás 2:05 horas do mércores 23 dá comezo o outono no hemisferio boreal. Esa hora...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Caridade e solidariedade” – José Manuel Pena

“Axúdanlles moito máis aos estranxeiros que ás familias humildes da zona”. Observo como unha muller inmigrante, entregaba un cupón de alimentos, e saía do supermercado con dous carros repletos de comida, mentres que a unha veciña, sen apenas recursos, só lle dan unha...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.