A pianista e compositora boirense Elsa Muñiz vai presentar en directo o seu novo álbum, o libro-disco New Beginnings. Farao nos primeiros concertos dunha xira que a levará por varias cidades de España entre finais de 2025 e 2026

A partir do 31 de agosto no Festival da Luz na Coruña, Elsa Muñiz, compartirá o seu novo proxecto que inclúe 9 microrrelatos e 9 caligramas que acompañan á narración instrumental sobre o renacer, a toma de decisións valentes e a procura de autenticidade.
O novo álbum foi publicado o pasado 27 de xuño e estreado en concerto o 28 de xuño no monumento Los Toros de Guisando en El Tiemblo, Ávila.
Primeiras datas
-Domingo 31 de agosto – Boimorto, A Coruña – Escenario Interritmos – 15.00h
Festival da Luz (compartindo cartel con Coti, Rigoberta Bandini, Rozalén, Ariel Rot, Depedro e Tanxugueiras, entre outros)
–Venres 5 de setembro – (Deputación de Lugo) – Lugo – Entrada libre – 20.00h
Concerto na Capela de Santa María
-Venres 19 de setembro – Santiago de Compostela – 19.00h – Entrada libre
Presentación – Concerto na Sala do Ámbito Cultural do Corte Inglés
–Venres 10 de outubro – Ourense
Concerto no Liceo de Ourense
Proximamente anunciaranse máis concertos
New Beginnings é un álbum profundamente persoal que inaugura unha nova etapa na vida e na carreira artística da pianistas do Barbanza. Segundo lembra ela mesma, este libro-disco enmárcase dentro da súa proposta de pianotelling, un concepto propio co que combina a música de piano co relato emocional de experiencias reais, transformando vivencias persoais en pezas sonoras cargadas de significado.
New Beginnings, o libro-disco de Elsa Muñiz, está dispoñíbel en plataformas dixitais e en formato físico na web da propia compositora. Tamén se pode adquirir en El Corte Inglés a partir do 1 de setembro.
O lanzamento do libro-disco veu acompañado pola saída do focus track, cuxo título dá nome ao álbum, e presenta un videoclip gravado nunha praia do seu pobo natal, Boiro, onde interpreta ao piano esta emotiva peza fronte ao mar. A localización é máxica: unha praia tranquila de area dourada e augas calmas, rodeada de pequenos illotes e piñeirais, típica da costa galega. O videoclip foi dirixido por White Mamba en colaboración con Roma Audiovisual. Podemos velo no Youtube.



